28/10/11

A MALARIA

El alumno Rubén Fariña, de 4º PDC, nos presenta un artículo sobre la enfermedad de la malaria, elaborado para el ámbito lco-social.




A malaria, tamén chamada paludismo, é unha enfermidade causada por un parasito. Este parasito trasmítese a través da picadura de mosquito do género Anofheles. No organismo humano, os parásitos multiplícanse no figado, infectado así os glóbulos vermellos. Destacan uns primeiros sintomas: Vómitos, cefaleas e febre.

Entre as intervencións fundamentais para controlala, atópase un medicamentocon artemisinina, un producto natural chinés; usando tamén mosquiteiras; insecticidas xunto coa fumigación dos espazos pechados. Todas estas medidas teñen o fin de controlar os mosquitos.

Para evitar a aparición de resistencia á artemisinina, a OMS recomenda aplicala con antimaláricos sintéticos.

A vacina poderase aplicar dentro de 4 ou 5 anos, segundo afirma o doctor Pedro Alonso Fernández, investigador do Hospital Clinic de Barcelona.

Os ensaios, están deseñados co consentimento das autoridades sanitarias pertinentes da Unión Europea, Estados Unidos e os sete países africanos participantes, xunto coa organización Mundial de Saúde (OMS). Cada un dos países onde hai un centtro no que se está realizndo o estudo da vacina, está facendo revisións independentes para asegurar que o ensaio cumpre os estándares nacionais legais, éticos e de seguridade para investigación médica que se requiren.

Este proxecto, foi galardoado co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación internacional en 2008.